A xornada iniciouse ás 10 da mañá e rematou as 18 horas. Na primeira parte as compañeiras da asesoría da CIG de Mariña informaron do que é un Expediente de Regulación de Emprego, como se tramita , consecuencias, etc.dende un punto de vista teórico.
Mentres que traballadores e traballadoras de empresas afectadas por un ERE (como é o caso da fábrica Sargadelos, Costiñas, ou Gres Burela) deron unha visión “máis práctica, máis real e mais próxima”, segundo sinalaron dende a CIG de A Mariña.
Xa na segunda parte da xornada, a técnica do Gabinete de Saúde Laboral, Ana Isabel Santiago, disertou arredor da prevención de riscos na Negociación Colectiva.
O acto serviu tamén para presentar a campaña do vindeiro Día da Clase Traballadora e repartir o material para a manifestación que se vai levar a cabo o 1 de Maio, que desta volta será en Foz.