O escrutinio deulle á Confederación Intersindical Galega 64 votos, o que supón un 77,10% de apoios. A candidatura de CCOO, o outro sindicato que participaba nestas eleccións, obtivo 17 votos, representando un 20% dos votos.
Traducidos estes votos a delegados, a CIG conseguiu catro dos cinco representantes que se escollían neste proceso para o Comité de Empresa, o que aumenta a maioría coa que a central nacionalista xa contaba.
Os delegados da CIG de Cyrgasa agradeceron a ampla participación e o apoio masivo dos traballadores/as. “Estes resultados confirman a nosa liña sindical e ratifican o bo traballo realizado polo noso sindicato”, subliñan nun comunicado.
Resultado das eleccións
|
|
Votos |
% votos |
Delegados electos |
|
CIG |
64 |
77,10 |
4 |
|
CCOO |
17 |
20,5 |
1 |
|
Brancos |
2 |
2,4 |
|
|
Total |
83 |
100 |
5 |