Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 23/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Asemblea de traballadores do Metal en Vigo sobre saúde laboral e igualdade

Información e debate
O 22 de maio tiña lugar unha asemblea de traballadores do metal da comarca de Vigo, da que participaron máis de 200 persoas, e na que se abordaron temas como a saúde laboral, a conciliación laboral ou a cuestión da paga dos 400 euros.

Esta asemblea de traballadores e traballadoras, que tiña lugar no salón de actos do local comarcal da CIG de Vigo ás dez da mañá, comezaba coa proxección do documentario "Bophal, a traxedia esquecida". Este audiovisual relata o pouco que vale a vida humana para as multinacionais, lembrando o caso da pior catástrofe industrial do mundo na India, en 1984. Así, tratabase a cuestión da seguridade e saúde laboral, e a súa importancia.

Ademais informouse da famosa "paga" dos 400 euros, e como se vai facer o re-ingreso na nómina de xuño de 200 euros, que se descontan do que se pagaría a Facenda, e os outros 200 euros irán nas nóminas de xullo a final de ano.

Presentación do servizo de igualdade

Ester Mariño, técnica de igualdade da CIG de Vigo, participou desta asemblea dando a coñecer o servizo de asesoramento de igualdade da comarca. Tamén Ester Mariño realizou un resumo da implantación e desenvolvemento de todas as medidas de protección e igualdade dentro das empresas, así como explicou o desenvolvemento do dereito colectivo e individual á conciliación, e o establecemento de medidas de prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no sector do metal.

cig.prensa@galizacig.com