A dirección de Froiz négase a negociar as xornadas continuadas. Todo o persoal solicitou á empresa poder traballar unha semana de tarde e outra mañá, para deste xeito "poder compatibilizar mellor o noso traballo coa nosa vida familiar, e asi poderemos dar tamén aos clientes un servizo de calidade, desde a mañá até a noite ininterrumpidamente, con quendas", sinalan nun comunicado que repartían nesta concentración.
Xornada continua
Asi que de novo se escoitaron berros pola xornada continua e pola conciliación laboral e familiar para estes traballadores e traballadoras, nunha concentración que tivo lugar durante máis dunha hora diante do supermercado Froiz da rúa Gregorio Espiño, na cidade de Vigo.