Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 23/6/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG, diríxese aos participantes na manifestación.
Carmen Chans, presidenta da Agrupación de Marsicadoras de a pé de A Coruña, leu parte do manifesto da Plataforma.
Manuel Cao, patrón maior da Confraría de Pescadores de A Coruña.

Cidadáns coruñeses bótanse á rúa en defensa da Ría do Burgo

A plataforma convocante da marcha do 21 de xuño organiza unha nova manifestación para setembro

Cidadáns de A Coruña e da comarca secundaron a manifestación que o pasado 21 de xuño percorreu varias rúas céntricas da cidade en demanda da rexeneración da Ría do Burgo. A “Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo”, entidade organizadora da marcha, convoca unha nova manifestación para o 20 de setembro.

Paulo Carril, secretario comarcal da CIG, reclamou, ao termo da manifestación, un compromiso firme por parte dos gobernos autonómico e español para a recuperación da Ría, que se materialice a través dos próximos orzamentos con partidas económicas específicas a este respecto. Carril parabenizou as corporacións municipais da comarca, agás a de Oleiros, que aprobaron mocións de apoio ás demandas da Plataforma.

Carmen Chans, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de a pé de A Coruña, e Manuel Cao, patrón maior da Confraría, foron os encargados de ler o manifesto da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo:

MANIFESTO DA PLATAFORMA PARA A DEFENSA DA RIA DO BURGO:

Vimos padecendo desde hai anos na Ría do Burgo unha situación moi prexudicial para toda a cidadanía, pero especialmente para as actividades marisqueiras das que viven centos de familias, como consecuencia dos vertidos das augas residuais dos Concellos de A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.

É o desprezo e o incumprimento de normativas, entre outras, europeas, por parte do Goberno español, o retraso na construción e posta en funcionamento da EDAR, polo Ministerio de Medio Ambiente, o non rematado proxecto de saneamento das augas residuais, responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente, sumado á pasiva actuación dos Concellos, a que está a causar constantes vertidos a unha Ría do Burgo convertida hoxe en foco de contaminación e sumida nunha grave degradación medioambiental.

A declaración de zona “ C “ por parte da Consellaría de Pesca como consecuencia desta contaminación (nove veces superior á autorizada para a extracción de moluscos) evidencia esta gravidade, tendo na actividade marisqueira as súas primeiras vítimas, impedidas de poder traballar, desde hai moitos meses.

Por todo isto, as entidades abaixo asinantes preocupadas por toda esta situación acordan constituírse en PLATAFORMA PARA A DEFENSA DA RÍA DO BURGO co fin de demandar das diferentes Administracións responsábeis:

- A firme actuación na aplicación de sancións aos causantes directos e indirectos de vertidos á Ría do Burgo.

- A finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que aínda existen nos Concellos de A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros, que verten indiscriminadamente na Ría do Burgo.

- A posta en funcionamento urxente da EDAR de Bens.

- A definición, consensuada coas agrupacións de marisqueo, dun Plano de Rexeneración medioambiental, de limpeza integral da Ría do Burgo para o gozo e lecer cidadán, así como de Recuperación dos bancos de marisco con liñas de axuda ao cultivo e a produción.

- Defender a vixencia temporal indefinida dos actuais Convenios subscritos entre a Consellaría de Pesca e ás agrupacións de marisqueo da Ría do Burgo, mentres non se teña producido unha total eliminación dos vertidos e se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueira.

Entidades que subscriben este Manifesto e integran a Plataforma:

- CONFRARÍA DE PESCADORES DE A CORUÑA

- AGRUPACIÓNS DE MARISCADORES DE A PÉ E A FLOTE

- ADEGA

- AA.VV. DE ATOCHAS-MONTE ALTO, O NOSO BURGO, RIO TRABE, AGRA DO ORZÁN, OZA-CASTROS-GAITEIRA, ALMEIRAS, AMIGOS DA CORVEIRA, SÉSAMO, VAL DE VEIGA, O TEMPLE, FEDERACIÓN DE AA.VV. DE CULLEREDO, FEDERACIÓN DE AA.VV. DE A CORUÑA E ÁREA METROPOLITANA

- PLATAFORMA PARA A DEFENSA DO TRANSPORTE PÚBLICO E SUSTENTÁBEL DE A CORUÑA

- BNG

- EU

- GALIZA NOVA

- AGRUPACIÓNS PROGRESISTAS DE CULLEREDO E DE ABEGONDO

- NÓS-UP

- PP de Cambre

- CIG

- CGT

- CSIF

- COMITÉS (CAF, CAE)

- SINDICATO DE ESTUDIANTES

- ASOCIACIÓN DE HOSTELERÍA DE CULLEREDO

- CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE CULLEREDO

- ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE CULLEREDO

- UNIÓN DE GARDAS CIVÍS DE GALICIA

- CLUBE DE REGATAS DE PERILLO

Para contactar coa Plataforma: plataformadefensariaburgo@gmail.com

cig.prensa@galizacig.com