Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 23/7/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Membros do Comité de IPISA, o responsábel da CIG de Valdeorras, Adriano Brito, e o representante de CCOO, Luis Alba, reunidos co alcalde de O Barco de Valdeorras.

O alcalde de O Barco comprométese a iniciar xestións coa dirección de IPISA para buscar unha saída ao conflito

Os traballadores e traballadoras cumpren xa os 14 días de folga consecutiva
O alcalde de O Barco de Valdeorras comprometeuse a mediar no conflito laboral que están a vivir os traballadores e traballadoras de IPISA durante a reunión que mantivo na mañá do 23 de xullo cos membros do Comité e os representantes sindicais de CIG e CCOO. O persoal de Iberoitaliana de Pizarra sumou este mércores o seu decimo cuarto día de folga.

Os traballadores e as traballadoras de IPISA recibiron esta mañá unha nova mostra de apoio e solidariedade por parte do alcalde do Concello de O Barco, con quen mantiveron unha xuntanza na mañá do mércores 23 de xullo.

O persoal explicou a situación na que se atopan e os problemas aos que se veñen enfrontando dende hai cese tres anos. Pola súa banda, o rexedor local comprometeuse a mediar e a realizar todas as xestións que estean na súa man, segundo informou o responsábel da CIG-Valdeorras, Adriano Brito.

Así, o alcalde indicou que hoxe mesmo vai chamar á empresa para falar cos socios e tentar buscar unha solución. Ademais, a semana próxima porase en contacto cos responsábeis de Traballo e Industria da Xunta para intentar que os directivos da empresa senten a negociar “de verdade” co persoal.

Dende o Comité, a CIG e CCOO quíxose agradecer todos os esforzos “que nos levan a resolver o conflito e a manter os postos de traballo, que é o noso obxectivo final”.

Pegada de carteis

Ademais, da xuntanza co alcalde, os traballadores e as traballadoras de IPISA, que mañá venres regresarán aos seus postos de traballo, logo de 14 días de folga, continuaron coas mobilizacións e levaron a cabo unha pegada de carteis por Valdeorras, amosando a faciana dos verdadeiros culpábeis da súa precaria situación.

cig.prensa@galizacig.com