As protestas diante de Unísono, na Gran Vía de Vigo, desenvolvéronse de 12.00 a 13.00 horas, coincidindo co paro convocado na empresa para reclamar a readmisión de dúas empregadas que foron despedidas por denunciar acoso laboral dunha superiora. Pola tarde terán continuidade entre as 16.00 e as 17.00 horas.
O comité convocou novas mobilizacións para esixir a reincorporación das traballadoras e para denunciar a política de abusos e represión. Ao mesmo tempo, dende a CIG sinalaron que a implantación dun sistema de seguimento das campañas traducirase en máis despedimentos.