O Comité denuncia que con esta decisión se elimina un centro enteiro que presta, desde hai 30 anos, un servizo básico e impecable na reinserción na sociedade de menores en risco de exclusión social.
Fronte a isto, exixe que se fagan as obras necesarias de mellora das instalacións e continuar prestando este servizo público e de calidade.
O Comité asegura que esta é unha proba evidente do desmantelamento dos servizos públicos que se está a levar a cabo en toda Galiza e alerta de que a consellaría pretende eliminar 65 postos de traballo, dos que 19 serían de Ourense.
A decisión de desmantelar servizos públicos, explican, afecta especialmente a Ourense, onde malia contar cun número moi escaso de prazas para os usuarios destes centros e unha elevada demanda, tanto en Centros de Maiores, Menores, Escolas Infantís ou non haber ningún centro para discapacitados, péchase un centro enteiro.