A asemblea de delegados e delegadas do Metal mantivo unha nova xuntanza para estudar pormenorizadamente o convenio provincial do Metal de Pontevedra, asinado por CCOO e UGT, e denunciar as mudanzas que se introduciron.
Cambios no texto
Por exemplo, no artigo referente ás vacacións a redacción pasou de falar de disfrutar de 30 dias ininterrumpidos, pasa a falar de 22 laborábeis, e desaparece a palabra ininterrumpido. Ou o erro na desaparición do primeiro artigo do suposto dos tóxicos, que tamén foi denunciado e que se enviou un escrito á Comisión Paritaria por este feito, ou que o 24 e o 31 de decembro pasan a ser dias non laborábeis, que antes eran a conta do exceso de xornada, mais que agora son simplemente non laborábeis e iso pode acarrear conflito para aquelas empresas que por non computar a hora do bocadillo como laborábel, pois que se pretenda facer pagar estes dous dias non laborábeis con traballar sábados ou outras fórmulas que quera introducir a empresa para cumprir a xornada laboral anual.
Tamén se denunciou nesta asemblea que a fórmula aprobada no 2007 na Comisión Paritaria para establecer como se medía a pocentaxe de fixos na empresa, tampouco ven recollida na redacción deste convenio, nin a regra pactada tamén na Comisión Paritaria para computar o exceso de xornada para aqueles traballadores/as que levaran menos dun ano na empresa.
Adaptación á Lei de Igualdade
A adaptación deste convenio á Lei de Igualdade e aos cambios que obrigatoriamente deberían introducir polo tanto nos artigos deste texto tampouco aparecen, polo que a CIG-Metal fixo unha primeira edición deste convenio, mais agarda a que estes cambios se introduzan para facer unha edición de máis números.
Atrasos
Sobre os atrasos informouse de que as empresas teñen de prazo para pagar até o 31 de xaneiro de 2010, e se xustifican que están nunha difícil situación económica terían de prazo até o 28 de febreiro de 2010.
Asemblea de parados do naval
Nesta asemblea de delegados/as tamén se informou da constitución dunha asemblea de parados do naval, que comezaran mobilizacións esta mesma semana ás portas dos estaleiros para demandar unha regulación da contratación no sector, e para comezar a darlle dinamismo a estas reivindicacións, xa que está en xogo o propio futuro do sector. Fíxose un chamamento á participación e apoio dos delegados e delegadas da CIG do Metal a estas mobilizacións, das que se irá dando información segundo se vaian convocando.
Reparto do Novas do Metal
Por último, informouse da convocatoria dunha manifestación o venres 4 de decembro en Compostela pola problemática da fusión das caixas, e repartiuse aos delegados/as para que leven aos distintos centros de traballo un novo número do Novas do Metal, que vén a dar máis información, pormenorizadamente do convenio provincial do Metal, e que polo seu interese podedes descargar na ligazón que tedes abaixo, en formato pdf.