Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 24/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Correos asegura que a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. minte cando di que o traballador tiña a alta médica

Quen denegou a licenza foi o Director Territorial de Correos, alegando o informe dos servizos médicos da propia entidade
O traballador de Correos que se reincorporou onte ao se posto de traballo e que se viu obrigado a repartir paquetes malia ter que usar muletas, tiña a correspondente baixa médica emitida polo seu médico de cabeceira, pertencente ao cadro facultativo de MUFACE.

Por iso, CIG-Correos denuncia que a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos minte cando asegura que ao traballador se lle dera a alta médica. Quen si lle deu a alta médica ao denegarlle a licenza preceptiva por enfermidade, foi o Director Territorial de Correos, quen xustificou esta negativa baseándose no informe médico emitido polos propios Servizos Médicos desta sociedade.

Tal é así, que para un traballador/a de Correos poder solicitar a licenza por enfermidade ten que presentar a correspondente baixa médica do seu médico de cabeceira.

CIG-Correos ten no seu poder a documentación que así o demostra, así como a documentación na que se especifica que o traballador sufriu un accidente laboral –co parte oficial de Correos que así o acredita- que lle provocou un politraumatismo con contusións en columna cervicodorsal e traumatismo en xeonllos o pasado 21 de xaneiro.

Este traballador ten ademais, informes oficiais da Seguridade Social, nos que se lle recoñecen certas secuelas que dificultan o normal desenvolvemento do seu traballo. Porén, sendo Correos coñecedor desta circunstancia, en ningún momento se lle avaliou o posto de traballo como así o solicitou o propio traballador.

Diante desta situación, CIG-Correos está avaliando, cos seus servizos xurídicos, a posibilidade de emprender acción legais pola vía penal, contra o Director Territorial de Correos en Galiza, por vulnerar o dereito á saúde dos seus traballadores/as.

cig.prensa@galizacig.com