Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 24/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Concentración de CIG-Banca na oficina principal de Banesto de Ourense polas represalias contra un delegado da CIG

O pasado mes de novembro, o delegado defendeu a un compañeiro que fora inxustamente despedido
CIG-Banca vén de celebrar unha concentración diante da oficina principal de Banesto en Ourense para dar resposta a acción antisindical contra un delegado da CIG como represalia por defender no mes de novembro a un compañeiro inxustamente despedido.

O pasado mes de novembro Banesto despedía en todo o Estado a 300 persoas, 10 a nivel galego. Un dos compañeiros despedido era da provincia de Ourense e decidiu confiar a súa defensa á CIG. O caso deste compañeiro foi illado, xa que a maior parte aceptaron a oferta do banco e abandonaron a empresa. Porén, este traballador optou por defender o seu posto de traballo.

Desde a CIG presentouse unha demanda xudicial, convocáronse dúas roldas de prensa e mobilizacións o que finalmente levou ao Banesto a recoñecer a improcedencia  e a pagar unha indemnización pactada co traballador.  

Agora como represalia a UTRH trasladou ao delegado da CIG desde a Oficina Principal de Ourense (na que hai 20 persoas e nas que estan as dependencias do Comité) a outra no Concello limítrofe de Barbadas (na que son só 3 persoas) e está facendo un seguimento diario do seu traballo. “Para Banesto que un sindicalista defenda a un despedido é motivo de castigo”.

A iso engaden que tamén impuxeron máis traslados arbitrarios a outros delegados da Sección Sindical da CIG “por plantar cara contra aqueles despedimentos inxustos”.

Desde CIG-Banca afirman que o efecto previsto pola empresa foi o contrario, “se pretendía amedrentarnos para que non defendamos aos compañeiros e compañeiras fronte aos abusos diarios equivocouse. O seu ataque ao compañeiro Requeixo reforza o noso convencemento, non imos quedar calados fronte aos despedimentos e abusos diarios, nin ante os comportamentos anti-sindicais propios das peores empresas e dos tempos da dictadura franquista”.

CIG-Banca asegura que se mobiliza contra aqueles despedimentos inxustos e matiza que “continuaremos a facelo por moito que á dirección do banco lle moleste que alguen se atreva a levarlle a contraria”.

cig.prensa@galizacig.com