Nunha nova ocasión máis volveranse mobilizarse os traballadores e traballadoras da empresa Levantina (antiguo grupo Graninter) diante da sede desta firma no Polígono da Granxa, en O Porriño para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete traballadoras/es de administración a Alacant, provincia na que se encontra a sede central do grupo, e onde xa se realizou un ERE e hai outro previsto para marzo.
Desmantelamento da empresa
Denuncian con estas mobilizacións tamén a falta de respecto cara aos traballadores/as e á representación sindical, asi como critican que detrás destes sete despedimentos da administración o que pretende a dirección da empresa é desmantelar o resto da fábrica en Galiza.