Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 24/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Segunda xornada de protestas diante da tenda de Francisco Parada en demanda do pagamento dos atrasos salariais

O empresario, que adebeda até seis meses de nóminas a un grupo de traballadores/as, vén de contratar aos avagados máis caros de A Coruña
Os traballadores e traballadoras de Francisco Parada, empresa dedicada a comercialización e instalación de materiais de alta gama para cuartos de baños, continuaron na tarde deste mércores o calendario de mobilizacións para reclamar o pagamento dos atrasos salariais que o empresario adebeda a boa parte do cadro de persoal. Pola súa banda, o propietario da compañía respondeu as protestas contratando aos avogados máis caros de A Coruña “para que o axuden a non pagar as súas débedas”.

Dende ás 16:30 horas, traballadores/as e delegados/as da CIG levaron a cabo unha nova concentración diante da tenda Francisco Parada (r/ Fernando Macías) de A Coruña para reclamar ao empresario que abone os atrasos salarios adebedados, que en moitos casos acumulan xa aos seis ou sete meses sen cobrar.  

O empresario, que tamén conta con estabelecementos comercias en Vigo, négase ademais a rescindir o contrato aos traballadores/as que así llo reclaman, de xeito que unha boa parte do cadro de persoal tivo que solicitar xudicialmente a rescisión do seu contrato diante da negativa do empresario a despedilos/as ou a presentar unha regulación de emprego. Por mor destes reiterados abusos, a metade do persoal atópase de baixa.

A situación na empresa é de tal magnitude que o propietario, en vez de facer fronte ás débedas contraídas cos traballadores/as, cos provedores e clientes, respondeu ás protestas cunha tentativa de desmobilizar ao persoal e contratando ao grupo de avogados máis caros de A Coruña, gastando así os cartos en pleitear cos traballadores/as en lugar de pagarlle as nóminas que lles debe.

Dende a CIG-Servizos xa advertiron que as protestas continuarán até que o empresario faga fronte ás súas responsabilidades. Neste senso, cabe destacar que a situación en Francisco Parada é de creba total dende hai tempo, mais o empresario non adoptou ningunha medida para solucionar os problemas.

 

cig.prensa@galizacig.com