Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 24/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Concentración diante do centro de Estética Icaria contra o acoso laboral

Tamén houbo despedimentos
Pasadas as doce da mañá delegados e delegadas de Servizos da comarca de Vigo da CIG concentrábanse diante do centro de estética Icaria, para denunciar a situación de acoso laboral que están a sufrir as traballadoras desta empresa desde que escolleran delegada de persoal, nunhas eleccións sindicais no mes de febreiro.

Desde o mes de febreiro no que se escolleu delegada de persoal, da CIG, o empresario dos centros de estética Icaria decidiu comezar unha campaña de acoso laboral e sindical contra as súas empregadas. Despediu a catro persoas, comezou a realizar mudanzas nas xornadas de traballo, e na actualidade anuncia cal vai ser o horario que vai desenvolver unha traballadora no mesmo día. Despediu a unha traballadora mentres estaba de baixa por depresión, causada polo acoso laboral que estaba a sofrer. Chegou até a retirar as cadeiras nas que se sentaban as traballadoras durante a súa xornada laboral.

Ruidosa mobilización

Por estes motivos, a CIG convocou unha concentración diante do centro de traballo que está situado na rúa Colón, en Vigo. Nun panfleto, que repartiron ás persoas que por ali pasaban, manifestaban que "a CIG non vai quedar cos brazos cruzados e iniciaremos protestas e mobilizacións en todos os centros de traballo de Icaria, faremos todas aquelas denuncias que fagan falta ante a Inspección de Traballo e no Xulgado para que se actúe con contudencia contra estes mal chamados empresarios".

"Acoso laboral, terrorismo patronal", foi un dos gritos máis escoitados nesta mobilización, que durante máis dunha hora sinalizou e visibilizou o conflito laboral que se está a vivir nesta empresa.

cig.prensa@galizacig.com