Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 24/6/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os policiais locais de Verín deixarán de facer horas extraordinarias se o alcalde non se avén a negociar no prazo dunha semana

Reclaman unha xuntanza para fixar o prezo da xornada a maiores
Dezaseis dos dezasete axentes da policía Local de Verín, tomaron a decisión de non seguir facendo horas extraordinarias durante este verán se o alcalde do Concello non cumpre co acordado acadado na reunión do pasado cinco de maio e se avén a negociar un prezo para o pagamento das mesmas. Os axentes conceden ao rexedor local o prazo dunha semana para convocar á representación dos traballadores/as a unha xuntanza.

Tras a celebración da reunión da Comisión de Control do Convenio de Funcionarios/as, mantida o pasado 5 de maio do 2009, as partes (Concello e representantes legais dos traballadores/as) ficaron comprometidas a celebrar unha nova reunión no prazo dunha semana, a efectos de determinar e, no seu caso, acordar un prezo para a hora extraordinaria dos axentes locais.

Porén, o responsábel da CIG de Verín, Anxo García Torres, denunciou que nesta altura de xuño, percorrido mais dun mes, o alcalde, “na súa liña de incumprir todo aquilo que pacta”, aínda non convocou a reunión comprometida e, tampouco, entregou á parte sindical a súa proposta para solucionar o conflito das horas extras da policía.

“A práctica do rexedor non é nova, todos os anos nos atopamos con promesas dilatorias, dirixidas a deixar que transcorran os períodos nos que máis horas se realizan e, logo, ‘se te vin non me lembro’”, lamenta García Torres.

Así as cousas, tanto a CIG como a Asemblea da Policía Local de Verín, confiren un prazo dunha semana ao rexedor local, até o día 6 de Xullo do 2009, para, nese tempo, convocar á representación legal dos traballadores/as e estabelecer un prezo para a hora extra. De non ser así, a partires do 7 de xullo, reuniríase de novo a Asemblea Xeral da Policía de Verín, para convocar mobilizacións e, deixaríanse de facer horas extraordinarias por riba do horario normal.

cig.prensa@galizacig.com