Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 24/7/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

“Isidro de la Cal” despide unha segunda candidata da CIG en menos de quince días

A empresa pretende impedir a participación da central nas eleccións
A empresa de elaboración de produtos pesqueiros “Isidro de la Cal” despediu unha segunda candidata da CIG en menos de quince días. A compañía pretende, con estas represalias, impedir que o sindicato nacionalista poida concorrer ás eleccións previstas para o 29 de xullo no centro de traballo de Espírito Santo. A CIG impugnará estas votacións.
Protesta realizada o 24 de xullo diante da nave do polígono de Espírito Santo (Cambre).

Isidro de la Cal notificoulle á traballadora o seu despedimento o pasado 19 de xullo, un día despois de que a CIG se manifestase diante da nave do polígono de Espírito Santo para protestar polo primeiro despedimento dunha candidata da central, ocorrido hai dúas semanas.

A empresa está a se enlamar nunha loita brutal contra a CIG e contra o sindicalismo reivindicativo, de clase e non pactista que representa. A CIG ten constancia de que a responsábel de Recursos Humanos da empresa está a dar mitins entre os traballadores nos que unicamente se dedica a difamar e desprestixiar o noso sindicato. Mais esta señora non informa os operarios de que Isidro de la Cal lles aplica un convenio de eficacia limitada, moi por debaixo en dereitos laborais e salarios que o estipulado no Convenio de Peixe Fresco, polo que realmente se terían que rexer no centro de traballo Espírito Santo.

A responsábel de RR.HH. tamén cala que a maioría dos operarios contratados por ETT´s o están en fraude de lei ou que o índice elevado de accidentes laborais se debe á inexistencia dun plan de prevención de riscos.

A CIG-Servizos non ficará impasíbel perante estes atropelos contra os traballadores e contra a liberdade sindical que está a perpetrar Isidro de la Cal. As mobilizacións do sindicato hanse retomar con máis forza até que non se produza a readmisión das dúas compañeiras despedidas.

cig.prensa@galizacig.com