Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 24/8/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Retómanse as concentracións nas comarcas contra o saqueo ao pobo

A CIG reitera que só coa mobilización social se poden reverter estas políticas e demandar un modelo económico e social máis xusto, equitativo e solidario
Coincidindo co Consello de Ministros celebrado este venres convocáronse concentracións en diversas comarcas para rexeitar as medidas antisociais que, desde a súa chegada ao goberno, vén aprobando o Partido Popular. Medidas coas que se está a saquear de forma sistemática ao pobo, mentres se seguen a destinar inxentes cantidades para rescatar aos bancos.

Reforma laboral, reforma das pensións, práctica desaparición da negociación colectiva, conxelacións salariais, incremento de taxas dos servizos públicos, suba dos impostos indirectos, incremento da contribución ao abono sanitaria, desaparición do aseguramento universal no sistema sanitario, retirada da cobertura de centos de medicamentos, recorte do FOGASA, máis dificultades para acceder a prestacións ou axudas por desemprego, recorte de dereitos sociais e democráticos, recorte de dereitos e salarios, alén de criminalización das empregadas e empregados públicos... Estas son algunhas das medidas que se veñen impoñendo desde que o PP ao goberno, non hai aínda un ano.

Contra elas e contra as que se aveciñan e para denunciar que fronte a estes recortes se favorece o incremento de beneficios para os chamados “mercados” se concentraron centos de persoas en diversas comarcas de Galiza, convocadas polas organizacións sindicais. Concentracións que se veñen facendo coincidir cos Consellos de Ministros, porque son nestas xuntanzas nas que, a golpe de decreto, se veñen aprobando estas medidas que a CIG denuncia que están a empobrecer e deixar cada vez máis desprotexida á clase traballadora, a pensionistas e a persoas dependentes.

A CIG defende que só coa mobilización social se poden reverter estas políticas e exixir un novo modelo económico e social máis xusto, máis equitativo e máis solidario.

Galería de imaxes

cig.prensa@galizacig.com