Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 24/9/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Recollida de sinaturas na defensa da área sanitaria de O Barco.

O persoal do Hospital da Costa de Burela inicia mobilizacións contra a supresión da área sanitaria

A CIG-Saúde de A Mariña anima á creación dunha plataforma cidadá na defensa dunha sanidade de calidade para a comarca
O persoal do Hospital da Costa de Burela iniciou as mobilizacións en defensa da área sanitaria de A Mariña, logo do anuncio da Consellaría de integrar este centro nunha área de xestión con carácter provincial. Promovida pola CIG-Saúde, ducias de traballadores/as do hospital participaron nunha mobilización na mañá do 23 de setembro en contra dunha “sanidade de segunda” para a comarca.

Dende a CIG-Saúde realizouse un chamamento ás organizacións sindicais e políticas e aos colectivos sociais de A Mariña para unírense na defensa da área sanitaria e crear unha plataforma cidadá a través da que organizar as accións, tal e como ten acontecido na área sanitaria de Valdeorras.

As áreas sanitarias de A Mariña, O Barco, Monforte e O Salnés son as principais ameazas polas pretensións da Consellaría de Sanidade de crear áreas de xestión integradas, polo que estas pasarían a incorporarse nas de Lugo, Ourense e Pontevedra. 

Continúan as accións en Valdeorras

Pola súa banda, en O Barco continúan as mobilizacións do persoal e a recollida de sinaturas en contra da integración na área sanitaria de Ourense. Ademais, a Xunta de Persoal do Hospital de Valdeorras está a levar a cabo esta semana unha campaña informativa nos distintos centros da comarca para explicar as consecuencias que suporía a desaparición da área sanitaria.

 

cig.prensa@galizacig.com