Para o sindicato, as prácticas do empresario Jaime Rodríguez Barba “son propias da época da escravitude” e anima os xuíces a reprimilas de xeito contundente. Dende a CIG sosteñen que tiñan constancia de que esta persoa “vexa e humilla os seus empregados/as”, pero consideran especialmente grave que agora chegase a unha agresión física. Tamén o fan responsábel de proferir contra o afectado frases racistas como “portugués de merda”.
Dende a Unión Local de Valdeorras reclaman que os feitos non queden impunes e animan a todos os traballadores e traballadoras a facer valer os seus dereitos e denunciar calquera trato vexatorio.