Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 25/11/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O grupo de piquetes visitou o Alcalmpo de Coia, asi como o da Avenida de Madrid.
Os antidisturbios continuaron a presionar aos folguistas, identificando á xente que participou nos piquetes.
Ás seis da tarde faciase entrega na Consellaria de Traballo da convocatoria de folga para todo o sector.
As traballadoras da limpeza entraron pasadas as nove da mañá na sede do edificio de Presidencia en Pontevedra.
O grupo de piquetes de Pontevedra continúa coas súas ocupacións.

Convocada folga en todo o sector da limpeza para o 3 de decembro diante da situación de paralise na negociación do convenio

Continúan as mobilizacións no noveno día de folga
As tres centrais sindicais convocantes da folga indefinida na limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra extenderon o 24 de novembro o conflito a todas aquelas persoas que traballen no sector da limpeza, xa que entregaron no rexistro unha nova convocatoria de folga, desta volta para todo o sector da limpeza o vindeiro 3 de decembro, mesmo para aquelas que teñen convenio propio, polo que o paro afectaría aos catro hospitais da provincia e tamén aos centros educativos públicos de toda Pontevedra, asi como todos os edificios das distintas administracións.
A mobilización continuou pola área comercial de Principe.

Noveno dia de folga, no que continuou o labor informativo de piquetes e novas accións para denunciar a situación das traballadoras e traballadores da limpeza.

En Vigo as folguistas achegáronse até a Universidade de Vigo, asi como a outras áreas comerciais como Alcampo, ou o Centro Comercial Gran Via. Pola tarde, as piquetes xuntábanse na Praza do Concello, desde onde partían cara a zona comercial do Progreso e Príncipe.

Folga en todo o sector o 3-D

Ademais esta marcha acudiu até a Consellaria de Traballo na Xunta de Galiza, perto das seis da tarde, para facer entrega no Rexistro dunha convocatoria de folga para todo o sector da limpeza, para o 3 de decembro. Están chamadas á folga perto de dez mil traballadoras, que son empregadas neste sector na provincia de Pontevedra, xa que afectaría mesmo a aqueles edificios que teñen convenio propio como o das distintas administracións, hospitais e colexios.

Nova ocupación en Pontevedra

Na cidade de Pontevedra continuaron tamén os piquetes coas súas accións para chamar a atención sobre este conflito. Ás nove da mañá, uns 80 traballadores e traballadoras ocuparon a oficina da Consellaria de Presidencia en Pontevedra, na rúa Benito Corbal. Despois de permanecer pechados nesta sede de Presidencia, pola reivindicación do seu convenio, continuaron achegándose a áreas comerciais afectadas pola folga, asi como o campus universitario ou outros edificios.

Xuntanza sen avanzos

Na tarde do 24 de novembro, ás 18.30, tiña lugar en Compostela unha xuntanza con Pilar Cancelas, directora xeral de Relacións Laborais da Xunta, a metade da representación empresarial da limpeza e as centrais sindicais. Neste novo encontro a metade da patronal da limpeza estaba ausente, por unha viaxe en Tenerife, e non se realizou ningún avanzo na negociación do convenio.

A patronal, de novo, mantívose na súa postura pasiva, afastada da realidade e das necesidades das traballadoras e traballadores, e pospuxeron de novo a xuntanza "até o mércores" para que estivera toda a patronal, alegando ademais que "por dous días máis, non importa".

Catro das principais empresas empresas de limpeza da provincia (Almi, Samil, Cies e Faro) criticaron a actuación das asociacións empresariais que consideran que deben negociar coas traballadoras e traballadores xa e deixar a folga.

Máis imaxes

Podedes atopar máis imaxes na galeria fotográfica da nosa web.

cig.prensa@galizacig.com