Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 25/11/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG Mocidade de Vigo concéntrase ás portas do Servizo Galego de Colocación para exixir políticas activas contra o desemprego

A taxa de paro entre a xente nova continúa sendo das máis elevadas
Desde pouco despois da unha este mércores 25 de novembro unha decena de mozos e mozas da CIG-Mocidade de Vigo desenvolvían a primeira acción dunha campaña que baixo o lema “Antes de pasar de todo, pasa á acción”, vai dirixida á mocidade desempregada, que nestes momentos de crise son o grupo social que máis está a sofrer a precariedade e o desemprego.

Estes mozos e mozas concentrábanse ás portas da oficina do Servizo Galego de Colocación que está situada na oficina de López Mora para denunciar que “o suposto dereito ao emprego é unha xigantesca mentira ao non existir a dia de hoxe goberno que vele polo seu cumprimento”.

Con esta primeira mobilización simbólica presentaban tamén as súas exixencias: un salario social ou renda básica para as persoas sen emprego, a prohibición das horas extras ou mudanzas no ámbito da formación, para que haxa maior transparencia e axilidade na concesión dos cursos.

Remataban sinalando no escrito que presentaron nesta acción que “As e os mozos somos quen padecemos hoxe as regresivas políticas laborais deseñadas anos atrás. Hoxe temos menos dereitos laborais que as nosas nais e pais. Pasar á acción é unha necesidade para mudar o rumo das cousas”.

Até as dúas menos cuarto puido escoitarse na rúa López Mora berros polo traballo digno á nosa terra e contra a precariedade. Desde a CIG-Mocidade anunciaron que continuaran con estas mobilizacións.

cig.prensa@galizacig.com