Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 25/11/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Secretaría Confederal da Mocidade denuncia o uso fraudulento de bolsas para encubrir postos de traballo

O pasado venres 18 de novembro saíu publicado no BOE o Real Decreto 1543/2011 polo que se regulan as prácticas “non laborais” nas empresas
A Secretaría Confederal da Mocidade da CIG vén de denunciar o uso fraudulento que se está a facer das bolsas para encubrir postos de traballo. Con esta medida afóndase, unha vez máis, na desprotección da mocidade no acceso ao mercado laboral, xa que supón o amparo legal da “contratación” –pero sen contrato- de aprendices, que teñan entre 18 e 25 anos.

Se no pasado mes de outubro se regulaba a cotización dos bolseiros/as que non perciben contraprestación económica, agora dáse un paso máis na precariedade que caracteriza a este colectivo a través dunha medida que supón a cobertura dun posto de traballo a cargo dun mozo ou moza que carecerá de relación laboral, que non terá dereito a paro, que tampouco cobrará un salario, pero que desempeñará as mesmas funcións que calquera outro traballador ou traballadora a cambio dunha remuneración do 80% do IPREM (uns 426€).

Dende a Secretaría Confederal denúnciase que co RD tampouco se regula a xornada, nin o horario nin as encomendas relacionadas co posto, nin se xustifica se as prácticas van supoñer unha mellora da súa empregabilidade. Porén o que si aparece recollido é que as empresas poderán beneficiarse de incentivos para levar a cabo esta práctica.

Esta medida supón que os mozos e as mozas poidan seguir traballando de balde entre 3 e 9 meses.

Documentos
boe prácticas non laborais.pdf
cig.prensa@galizacig.com