Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 25/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Unha nova concentración ás portas da Levantina amosa o rexeitamento unánime do persoal ao traslado forzoso de 7 compañeiras/os

Denuncian que son despedimentos encubertos e o posíbel desmantelamento desta empresa
Nunha nova ocasión máis volveronse mobilizar os traballadores e traballadoras da empresa Levantina (antiguo grupo Graninter) diante da sede desta firma no Polígono da Granxa, en O Porriño para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete traballadoras/es de administración a Alacant, provincia na que se encontra a sede central do grupo, e onde xa se realizou un ERE e hai outro previsto para marzo.

O xoves 25 de febreiro de 14 a 14.30 o persoal de Levantina, antiguo Grupo Graniter, volveu concentrarse ás portas desta factoría para amosar a súa solidariedade coas sete compañeiras/os que pretenden trasladar a Alacant, e contra o desmantelamento desta empresa.

Falta de respecto cara ao persoal

Denuncian con estas mobilizacións tamén a falta de respecto cara aos traballadores/as e á representación sindical, asi como critican que detrás destes sete despedimentos da administración o que pretende a dirección da empresa é desmantelar o resto da fábrica en Galiza.

cig.prensa@galizacig.com