Cristina Martínez Padín, da CIG-Servizos de Ferrol, explicou que na reunión mantida coa Marina hai dúas semanas, o ente estatal indicou que a situación de falta de pago produciuse porque a empresa concesionaria non foi quen de entregar a tempo unhas facturas. Por este motivo tampouco puido facer fronte aos pagamentos, a pesares de que “estes “contratempos” debería telos previstos”.
Non obstante, continúa Padín, na xuntanza mantida na tarde do luns entre a representación dos traballadores/as e a Marina, esta informou que xa efectuara o pagamento á empresa, así como que PQM, “despois de ser chamada a capítulo, faría os pagos o mércores 26 de maio”.
Esta situación devolve á actualidade a imaxe do ano pasado, cando os traballadores e traballadoras do Arsenal tiveron que recorrer ás mobilizacións e á vía xudicial para conseguir que a anterior concesionaria, Los Lebreros, fixese fronte as súas obrigas. Co cese do contrato e a subrogación do persoal á nova empresa semellaba que os problemas ían rematar, mais parece que as prácticas vólvense repetir.