Dende a CIG-Servizos denuncian que Zara, amparándose na regresiva reforma laboral do PP, está pondo moitas dificultades para aplicar as reducións de xornadas solicitadas polas traballadoras para poder conciliar a vida laboral e familiar.
A empresa, explica Roberto Pérez, está modificando os horarios das súas traballadoras de forma unilateral, pasando por riba dos acordos acadados. CIG-Servizos denuncia que este tipo de medidas contempladas na reforma laboral, están previstas para as empresas que xustifiquen dificultades económicas, circunstancia que, obviamente, non se dá no caso do Grupo Inditex.
Así mesmo, Pérez criticou os intentos de engano e as coaccións por parte da empresa co obxectivo de mudar, de forma unilateral, as condicións contractuais que tiñan recoñecidas as traballadoras, amparándose na reforma laboral para fixar os horarios, sen ter en conta as necesidades de conciliación do persoal que con dereito a redución de xornada.
A CIG-Servizos anuncia que defenderá os dereitos recoñecidos e alerta ao persoal de que non debe asinar ningún documento antes de saber as consecuencias laborais que terá.