Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 25/6/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Un momento da votación.

Luciano Luxilde, novo secretario comarcal da CIG-Banca de Vigo

A Federación renovou a súa executiva no congreso celebrado este xoves
A Federación da Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Telemárketing da Confederación Intersindical Galega de Vigo renovou a súa executiva no congreso celebrado este xoves. O novo secretario comarcal é Luciano Luxilde, que encabezaba a única lista que concorreu.
O novo secretario comarcal, acompañado da executiva, diríxese aos presentes despois do reconto de votos.

A CIG-Banca de Vigo escolleu este xoves 24 de xuño as persoas que integrarán a dirección durante os vindeiros catro anos. Só se presentou unha única lista, encabezada por Luciano Luxilde Fernández, que foi escollido novo secretario comarcal da Federación. Xunto a el, na nova executiva, figuran Margarida Blasco, Sira Carrasco, Miguel Pérez, Chelo Lago, Aurora Campos, Xabier Pérez, Fernando Larrañaga e Albino Iglesias.

O propio Luxilde integra tamén, xunto a Sefi Romero, Aurora Campos e Xabier Pérez, a dirección comarcal, mentres que os representantes da CIG-Banca de Vigo no Consello Nacional serán Serafín Otero, Duli Diniz, Miguel Pérez, Sira Carrasco, Xabier Pérez, Aurora Campos e Fernando Larrañaga. No congreso comarcal de Vigo estivo presente o secretario nacional da Federación, Clodomiro Montero.

cig.prensa@galizacig.com