Con esta mobilización e as que se veñen desenvolvendo na provincia de Pontevedra, denúnciase este caso de represión sindical que ten a súa orixe no proceso de negociación iniciado en novembro de 2011, cando se constitúe a mesa negociadora do convenio.
Nese momento Rosales, como delegado da CIG no comité, comunica á concesionaria da ITV, SyC, que vai facer uso das horas sindicais para informar aos traballadores e traballadoras de toda Galiza do convenio, que era a primeira vez que se negociaba.
A empresa respóndelle que non ten dereito, pero entendendo que cumpriu escrupulosamente co requisito de remitir a comunicación cunha semana de antelación, Rosales decide collelas, facendo uso dun dereito recoñecido por lei.
Porén, unha vez celebrado o referendo no que se aproba o preacordo de convenio e tras regresar ao seu posto, a empresa acaba por despedilo, logo de abrirlle expediente disciplinario, por considerar que as súas ausencias constitúen unha infracción moi grave.
Antonio Rosales asegura que é moi doado comprobar que, cada un dos días que a compañía di que faltou ao traballo, estaba nalgunha das estación da ITV do país.