En primeiro lugar, nesta asemblea de delegados e delegadas do Metal, Iván Pérez, técnico da CIG, informou do contido da Lei Concursal, que é o procedemento actual que se utiliza cando unha empresa entra en quebra ou ten débedas importantes, e agora por esta lexislación intervén diretamente o xulgado, ademais da actuación dun economista e dun acredor principal. Este método creouse supostamente para tentar sacar adiante as empresas "en crise", mais analizouse nesta asemblea o grande problema de que os despedimentos son máis baratos e hai menos garantías para os traballadores.
Convenio provincial do metal
O tema principal a tratar foi a negociación do convenio provincial, e estruturaron o debate en dúas partes: en primeiro lugar discutíronse as coordenadas nas que se daba a negociación deste convenio, é dicir, o escenario e o contexto no que se vai desenvolver. Neste sentido, tratouse que a automoción e o naval van "en direccións contrarias", polo que a patronal quere propor fraccionar o convenio nestes dous sectores.
Desde a asemblea de delegados do metal da CIG apostouse por manter un convenio único, de todo o sector do metal, no que se crearan formulas no económico para poder importar modelos distintos destes dous sectores.
Coincidiron os traballadores presentes na xuntanza na necesidade de que este sexa "un convenio corto, dun ano, e de transición", xa que se analizou a complexa situación que se está a vivir nestes momentos, e deixáronse abertos estes temas para a reflexión e retomar nas próximas asembleas.
Cumprimento do convenio do naval
Outra das cuestións que se abordaron nesta asemblea de delegados foi a presenza masiva de inmigrantes no naval, que veñen como mán de obra barata, sen receber o salario que establece o convenio que teñen que cobrar calquera traballador que sexa contratado no naval na provincia de Pontevedra. Ademais hai máis de 1.000 persoas inscritas na bolsa de emprego tentando acceder o sector.
Cursos de formación
Por último, neste acto a CIG-Metal informou da celebración dunhas xornadas técnicas de prevención e saúde laboral para delegados no Hotel Coia o 2 e 8 de outubro. Ás dez da mañá o 2 de outubro terá lugar o curso sobre coordenación de actividades nos estaleiros, que está dirixido a delegados do sector naval, das empresas principales e auxiliares. E á mesma hora, pero o 8 de outubr, impartirase un curso sobre o traballo a quendas e tamén se explicara que facer fronte á desviación cara a enfermidade común dos accidentes laborais, que está dirixido ao sector da automoción.
Estes cursos serán impartidos polos técnicos e técnicas do Gabinete de Saúde Laboral da CIG, asi como por sindicalistas desta central.