Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 25/9/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O centro especial de emprego Garevol pechará as súas portas cun ERE de extinción despois de 8 meses de ERE de suspensión

A CIG denuncia que con este peche se quere acabar co movemento sindical e co convenio referencial en todo o Estado que tiña este centro
Desde marzo, pola crise da automoción, os traballadores e traballadoras de Garevol estaban afectados por un ERE de suspensión, que ampliaron en agosto dous meses máis para buscar unha saída empresarial a este centro especial de emprego. O xoves 17 de setembro a empresa convocou ao Comité de empresa para informar da súa vontade de levar adiante un ERE de extinción para fechar esta fábrica. Desde a CIG denuncian que este peche remata cun importante movemento sindical de traballadores e traballadoras con diversidade funcional e co mellor convenio de todo o Estado español dun centro especial de emprego.

Levaban desde marzo cun ERE de suspensión da actividade, xa que Dalphimetal deixou de proporcionar traballar a este centro especial de emprego, que traballaba para o téxtil da automoción. A empresa complementaba até o 100% do salario, incluindo vacacións e pagaas extras.

No mes de agosto volveuse convocar ao Comité de empresa a unha reunión no que se propón outro ERE de suspensión de 2 meses máis para que unha empresa externa busque solucións e carga de traballo para Garevol.

ERE de extinción

O xoves 17 de setembro a empresa convocou unha xuntanza para informar do resultado negativo respecto á procura de traballo para este centro especial de emprego, polo que expón a necesidade dun ERE de extinción, no que ofrece 45 dias por ano traballado, sen tope de mensalidades a partir do 1 de novembro.

A CIG amosou a súa disconformidade respecto a este ERE, xa que supón a destrución de máis de 80 postos de traballo. As instalacións de Garevol son unha concesión do concello de Mos por 25 anos, polo que "sospeitamos que nun futuro próximo se vai crear unha nova empresa no mesmo sitio, a través de Fundosa e Cogami, asi que obrigamos a meter no acordo a que se no mesmo espazo se crea outra empresa terán que contratar a xente de Garevol", sinala Alex Lago, da FGAMT e traballador deste centro.

Convenio referencial en todo o Estado

Garevol asinou o mellor convenio de centro especial de emprego de todo o Estado Español, onde se conseguiron despois de numerosas loitas e conflitos, importantes melloras salariais e sociais.

Asi, desde a CIG subliñan que "o que querían Fundosa e Cogami é pechar Garevol, anular este convenio, que era un referente e aniquilar o movemento sindical que se constituira nesta empresa e esquilmar os dereitos dos traballadores e traballadoras con diversidade funcional".

Por iso, sospeitan desde a central sindical nacionalista que no 2010 nas mesmas instalacións haberá outras empresas porque "tanto Fundosa como Cogami non van deixar escapar esa posibilidade de utilizar esas instalacións sobre as que teñen a concesión".

Rexeitamento e lembranza para a loita de Garevol

"Amosamos a nosa maior repulsa á morte anunciada desta empresa, que foi un exemplo de loita e que non esqueceremos a implicación deses traballadores e traballadoras con diversidade funcional para conseguir a igualdade en dereitos no mundo laboral", conclúen desde a CIG.

cig.prensa@galizacig.com