Pero dende a CIG denuncian que, malia que a empresa di que o cadro de persoal está sobre-dimensionado, esta incumpre tanto o Convenio como os acordos internos polos que esta Territorial da Caixa de Aforros debería ter un 10% máis de persoal. "Anuncian recortes sobre un cadro de persoal xa infradotado" denuncian dende a CIG.
Malia anunciar que o cadro de persoal está sobre-dimensionado o Departamento de RRHH de Caixa Galicia dixo que non dispón aínda de cifras relativas ao sobre-dimensionamento, nin do método utilizado para chegar a esa conclusión, nin as medidas que tomará a empresa. Para a CIG "carecen dun plan, semella que nos últimos meses a xestión da Caixa responde á improvisación en cada unha das medidas laborais e económicas".
Comeza un proceso de mobilizacións
Ante esta situación a CIG comezou cun proceso de mobilizacións en defensa do emprego e das condicións laborais, xa que denuncian que a falta de persoal leva a unha sobrecarga de traballo que se está salvando coa realización de horas extras que a Caixa de Aforros non paga nin cotiza á Seguridade Social. "Un fraude escandaloso nunha empresa que está recibindo inxeccións por valor de 782 millóns de euros, 130.000 millóns das antigas pesetas" afirman dende a CIG.