Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 26/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Manuel González Moreira, presidente da Xunta de Persoal do Chuvi e da CIG-Saúde.

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública presenta alegacións ao plano económico para a privatización do novo hospital de Vigo

Rexeitan o modelo de Concesión Administrativa de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) que deixa á iniciativa privada a financiación e a construción
A Plataforma pola Defensa Da Sanidade Pública presentou o venres 26 de febreiro dezaseis alegacións ao Documento de Viabilidade Económico-Financieiro do Proxecto do Novo Hospital de Vigo. Rexeitan o modelo de Concesión Administrativa de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) que deixa á iniciativa privada a financiación e a construción do Hospital e a explotación e xestión de servizos non clínicos e áreas comerciais autorizadas. Ratifican a exixencia de voltar a un modelo de financiación e xestión públicos, propio do Servizo Galego de Saude.

Na mañá do 26 de febreiro a Plataforma po la Defensa da Sanidade Pública presentou no Rexistro da Dirección Provincial do SERGAS, 16 alegacións o Documento de Viabilidade Económico-Financieira, sometido a información pública dende o día 26 de Xaneiro, no que se presenta o recurso a un modelo de Concesión Administrativa de Obra Pública para o Proxecto do Novo Hospital de Vigo.

Mentres se daba entrega a estas sinaturas, na Dirección Provincial do Sergas tiña lugar unha concentración en defensa da sanidade pública, ás portas deste edificio administrativo, que permaneceu durante media hora con lemas e berros contra a privatización.

Declaracións do presidente da Xunta de Persoal

Manuel González Moreira, presidente da Xunta de Persoal do Chuvi, declarou diante dos medios de comunicación neste acto de entrega das alegacións, que "presentamos alegacións de carácter técnico poñendo en dúbida que este método de financiación polo que optan estea demostrado que sexa o xeito máis eficiente para a economia e as arcas públicas. Nós defendemos que non se cumpre nin a legalidade que establece a lei de contratos de estado".

"Baseámonos en que para poder presentar un proxecto de financiación con colaboración público privado teñen que presentar un informe público-privado dunha auditoría externa que confirme que ese método de financiación é máis redíbel que o outro, e o proxecto que nos presentan é un proxecto pobre, feito por unha consultora externa, que non chega a xustificar a razón pola que se opta por esta vía de financiamento", concluiu.

Documento de Viabilidade Económico-Financieiro

Trátase dun documento encargado po la Consellería de Sanidade a consultora PriceWaterhouse e no que e chamativa a súa precariedade.

Baixo a fórmula xurídica de concesión administrativa de obra pública, otorgase a una empresa privada, a adxudicación da Redacción Definitiva do Proxecto de Execución do Novo Hospital (polo tanto aínda susceptible de sufrir recortes e modificacións) a financiación, construción, explotación e xestión dunha ducia de servizos non clínicos (equipamento e mantemento das instalacións, lavandería, cociña etc.....) e tamén a explotación de áreas comerciais autorizadas.

O período da concesión e de 20 anos, e o final da mesma, as instalacións reverten o SERGAS.

A retribución da Sociedade concesionaria farase mediante un canon anual que se actualiza cada ano según o IPC e que provoca un endebedamento empresarial do SERGAS que hipoteca a atención sanitaria das xeracións futuras.

A adopción de este modelo privatizador de servizos, supón un notable encarecemento do proxecto con respecto o da anterior administración. Para facer atractivo o proxecto as empresas privadas, contemplase un beneficio industrial do 8,7% ,A empresa adxudicataria explotará os servizos non clínicos e as áreas comerciais en réxime de monopolio. Tamén se recolle no documento que o SERGAS pagará a expropiación dos terreos e os cederá a empresa privada para construír o Hospital e explotar os servizos incluído o aparcamento, tanto de usuarios como do persoal do centro.

Xiro Radical no Proxecto

Co todos os traballos necesarios para proceder a licitación da obra e o inicio da construción, xa feitos (carteira de servizos do hospital, proxecto arquitectónico, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a xestión dos terreos) e aprobados, o anterior goberno da Xunta, mediante un Plan Económico-Financieiro específico, consignou nunha empresa pública (SPI, Sociedade Pública de Investimentos) os orzamentos necesarios para a financiación do novo hospital. Asegurábase así,  a financiación e xestión públicas do Hospital que se muda agora por un modelo de financiación e xestión privadas.

A actual Consellería de Sanidade, modificou o anterior Plan Funcional e a Ordenación Integral da Área Sanitaria de Vigo para reducir 406 camas de hospitalización médico-cirúrxicas no conxunto da área e de 160 no Novo Hospital de Vigo. Precisamente o tipo de camas mais necesarias, co envellecemento da poboación, para os problemas de saúde da xente maior. Ao mesmo tempo conservase o concerto singular do Hospital Povisa.

Deterioro das condicións laborais e da calidade da atención a saúde dos cidadáns

A aplicación deste modelo de concesión vai ter graves repercusións negativas sobre as condicións laborais dos traballadores e sobre a organización e funcionamento dos servizos do Hospital.

Como consecuencia da existencia, dentro do mesmo edificio do hospital de dúas organizacións, una pública guiada polo interés xeral e outra privada guiada po lo beneficio e a rendibilidade, tanto o proceso de atención os pacientes, no que os servizos non clínicos son fundamentais para poder levalos a cabo, como a situación laboral dos traballadores, quedarán sometidas a criterios lucrativos da empresa privada. Xa é coñecida a resposta deste tipo de empresas ante situacións na que se compromete a rendibilidade do seu negocio: Recortes de plantilla, contención de custes, diminución da cantidade e calidade dos servizos. Estanse a poñer as bases da laboralización do persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde e do pago dos usuarios por recibir atención sanitaria.

Documentos
Alegacións presentadas
cig.prensa@galizacig.com