Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 26/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Metal denuncia o atentado contra a liberdade sindical que supón a denegación de permisos para facer asembleas nos estaleiros

Puxo en coñecemento de Inspección de Traballo estes feitos e continuará a realizar asembleas a próxima semana malia estes atrancos
O venres 26 de febreiro comezaba a quenda das asembleas nos centros de traballo do naval, sendo a primeira destas reunións no estaleiro de Vulcano. Nesta asemblea, como nas seguintes, desde a CIG-Metal estase a informar da actual situación do sector e do contido do acordo asinado pola patronal, CCOO e UGT para suprimir a bolsa de emprego. A postura unánime dos estaleiros está a de considerar a través de respostas por escrito que a CIG “non está lexitimada” para facer asembleas .

Desde a CIG-Metal denuncian a postura unánime dos estaleiros que responden por escrito ás peticións de solicitude de facer asembleas na hora do bocadillo, convocadas pola CIG, denegando esta posibilidade, xa que consideran que a CIG non está lexitimado como sindicato, e que terían que convocar estas asembleas ou o 33% dos delegados de persoal da industria auxiliar ou os Comités das empresas principais.

"Falta de respecto"

Fronte a esta negativa, a CIG-Metal cualifica esta negativa a "unha falta de respecto á representación sindical, sendo a CIG o sindicato maioritario na industria auxiliar", polo que puxeron estes feitos en coñecemento da Inspección de Traballo, para que actúe diante desta vulneración da liberdade sindical.

Desde a CIG-Metal anuncian que na próxima semana, malia ás tentativas de impedimento, realizaranse asembleas no resto de estaleiros, "aínda que teña que ser por riba do portalón", e denunciarán as propostas que a Patronal está a realizar nesta mesa como impor quendas de traballo, mesmo as fins de semana e unha bolsa bianual de 200 horas.

Cara a unha importante mobilización

Ademais, estase a pulsar o ambiente cara á convocatoria dunha importante mobilización na segunda semana de marzo en defensa do emprego no sector e pola regulación da contratación.

cig.prensa@galizacig.com