O pasado 15 de febreiro o persoal da empresa participou na primeira xornada de folga convocada pola CIG na empresa Bosch-Vigo na que traballan 1.500 persoas, 700 con contratos de posta a disposición.
Esa convocatoría foi por petición expresa do persoal ante o fartura pola política laboral da empresa e ante o proceso de deslocalización de Vodafone, o principal cliente, cara a Perú, Colombia e Chile.
Despois daquela folga nin a Consellería de Traballo, coa que se mantivo unha xuntanza, nin a Inspección de Traballo, nin a propia empresa Bosch fixeron ningún tipo de actuación ante a ameaza de posible peche da campaña de Vodafone e ante os abusos dunha empresa que lidera as taxas de temporalidade no país, con mais do 80% do persoal con contratos temporais..
Ante esta situación a CIG, ao fío do aprobado nas asembleas de traballadores e traballadoras celebradas a principio de febreiro, convocou unha nova xornada de folga para o día 10 de marzo.