No boletín analízase o alcance e consecuencias de medidas como a reforma das pensións, a conxelación salarial e a proposta de reforma laboral; explícanse as alternativas que defende a central sindical para afrontar a crise e para mellorar as condicións laborais: o que significa para Galiza a Lei de Caixas e a importancia da mobilización que, en defensa da nosa lingua se celebrou en Compostela, con motivo da folga do ensino, o pasado 21 de xaneiro.
Especial relevancia, polas datas nas que nos atopamos, teñen as informacións relativas tanto ao 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra baixo o lema: Resistimos! Loitamos! Reivindicamos o noso espazo na sociedade, como mulleres, traballadoras e galegas!, como o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega.