"Hoxe presentamos máis de 8.000, asi que xa levamos perto de 15.000 sinaturas para que escoiten ao pobo de Vigo, que asina para que este hospital non se peche", sinalaba a presidenta do Comité, Hortensia Pérez.
Chamamento ao diálogo
A presidenta do Comité de Empresa demandou que "as autoridades e a Cruz Vermella teñen que actuar porque este centro sanitario, coas súas características, é moi necesario para unha cidade como Vigo", e criticaba a actual situación na que "o Sergas continua a dicir que non é cousa deles, e a Cruz Vermella di que o Sergas non se sentou a negociar, e nós no medio. Eles son os que poden solucionalo pero non teñen disposición ningunha".
Perda de postos de traballo e da prestación sanitaria
Lembrar que co peche do hospital da Cruz Vermella se perderán 70 postos de traballo así como a prestación sanitaria tan importante para parte da sociedade viguesa.
O persoal vai continuar coas medidas de protesta ante a total negativa de solucionar este grave problema, tanto por parte da Xunta do PP coma da institución "benéfica"