Sanidade públicas: Novas políticas privatizadoras. Olladas dende Lugo, é o título baixo o que se vai desenvolver esta xornada organizada pola CIG-Saúde na que se avaliarán as políticas adoptadas polo goberno da Xunta a respecto do sistema sanitario galego, “claramente cara modelos de financiamento privado da Sanidade Pública (modelos PFI), seguindo o exemplo que comunidades como Madrid ou Valencia tomaron dos ingleses, cando xa está demostrado que empeoran a calidade asistencial e que hai outras maneiras posíbeis de facer que unha asistencia sanitaria de calidade sexa posible”.
O contexto político actual e como pode chegar a repercutir no hospital novo de Lugo é a principal preocupación que ocupa nestes momentos á CIG-Saúde nesta provincia.
O programa da xornada:
1.- Modelos PFI e a experiencia galega
Poñentes: Manolo Moreira, médico responsábel da Agrupación Médica da CIG-Saúde (Agm)
Paco Vizoso, médico responsábel da Agm de CIG-Saúde
2.- Contexto actual en Lugo, expectativas e dúbidas ao respecto
Poñentes: Carme Aira, secretaria comarcal da CIG-Saúde
Roberto Rei, radiólogo do Hospital Xeral
3.- Visión das AAVV da cidade de Lugo
Poñentes: Valentín Arias
X.M. Carballo
4.- Coloquio