Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 26/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Construción informa de que o vindeiro 31 de marzo é festivo retribuido na construción, canteiras, mármores e pedras

Nota informativa desde a federación da Construción e Madeira da comarca de Pontevedra
Dada a importancia que ten polo número de traballadores/as e usuarios/as afectados/as e co fin de darlle a máxima difusión ante as numerosas consultas que ao respecto se están a receber, a CIG informa que o vindeiro 31 de marzo é festivo e retribuido a todos os efectos nos seguintes sectores: construción, canteiras, mármores e pedras.

Dito festivo está pactado no ámbito dos respectivos convenios colectivos vixentes suscritos entre a representación dos/as traballadores/as e da patronal co fin de adaptar as xornadas anuais acordadas en cada caso, sendo, polo tanto, de obrigatorio cumprimento.

Responsabilidade da empresa

A súa inobservancia será responsabilidade exclusiva da empresa e será posto en coñecemento da autoridade laboral pola CIG, que fará un seguimento exhaustivo do seu cumprimento.

cig.prensa@galizacig.com