Segundo indica Gonçalves, a empresa sostén que ten previsto pechar este ano con 2,4 millóna de perdas, polo que ten que adoptar medidas de aforro para cumprir coa banca e así facer fronte ás condicións que supón o pagamento do crédito sindicado de 33 millóns e dos créditos de Xesgalicia (catro millóns) e do Plano Miner (sete millóns), que suman un total de 44 millóns de euros.
En 2011 a compañía tivo que solicitar dous anos máis de cadencia do crédito ao non poder facer fronte ao pagamento. “Agora as medidas que está a propoñer pasan pola a aplicación pura e dura da nova reforma laboral”, critica Gonalves. Entre ellas, destacan:
-O despedimento de 29 traballadores/as por causas obxectivas alegando perdas da compañía.
-Unha redución salarial do 7% sobre os soldos fixos (sobre os salarios do acordo social, sen descolgarse do convenio estatal).
-A eliminación do plus festivo, o que supón unha perda media de 4.500 euros anuais para o persoal e 5T (este persoal vería reducido o seu salario sobre un 22% de aplicarse estas dúas medidas).
-A eliminación do plus variábel sobre obxectivos (aplícase en certos colectivos, que suman sobre 80 traballadores/as, o que supón unha redución duns 400.000 euros).
-A aplicación do 5% da xornada en flexibilidade.
O secretario nacional da CIG-Químicas lamenta que a empresa propoña que sexan os empregados/as os que paguen este ano a amortización do crédito “en lugar de volver a negociar coa banca”. Dende a CIG estiman que a aplicación destas medidas suporá unha redución da masa salarial da orde dos 2,9 millóns.