Como consecuencia desta concentración a empresa SEGANOSA convocou a Rubén Fraga, Delegado de Persoal dos bombeiros pola CIG, para comunicarlle o seguinte: A empresa SEGANOSA ingresou o propio 23 de maio, as nóminas dos 16 bombeiros do Parque do Morrazo correspondentes ao mes de abri; SEGANOSA comprométese a facer os pagamentos das nóminas antes do día 5 de cada mes, tal como indica o artigo 23 do Convenio Colectivo.
SEGANOSA acepta modificar o contrato co Consorcio contra Incendios do Morrazo para facilitar a dignificación salarial que asumen integramente entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galiza, o que suporá un aumento de 267'84 € mensuais para os bombeiros e 388€ mensuais para os cabos en 12 pagas que xa veñen desfrutando os outros bombeiros de Consorcios Comarcais da provincia.
Horas extraordinarias
SEGANOSA pagará na nómina de maio as horas extraordinaras como un concepto salarial, desfacendo a ilegalidade de ter pagado estas horas como dietas. Ademais na primeira semana de xuño SEGANOSA convocará ao Delegado de Persoal para negociar un novo sistema de quendas que permita gozar aos traballadores do seu dereito a vacacións e para negociar as restantes demandas dos bombeiros.
O representante dos traballadores manifestou a súa firme vontade de permanecer vixilante ante calquera incumprimento do comprometido nesta xuntanza, convocando de novo unha concentración para o vindeiro 6 de xuño no caso de non teren ingresada a nómina de maio nos 5 primeiros días deste mes.
Nova asemblea en xuño
Despois da xuntanza anunciada para a primeira semana de xuño os traballadores decidirán en Asemblea a continuidade das mobilizacións.
Os bombeiros agradecen ademais a firmeza do Consorcio do Morrazo, que demandou nos últimos días a SEGANOSA o cumprimento do Prego de Condicións da Concesión do Parque despois da denuncia dos traballadores.