Quen é Walden Bello?
Nacido en Manila (Filipinas) en 1945, trátase dun dos máis influentes sociólogos, politólogos e activistas do mundo, cuxa actividade desenvolve dende que en 1972 Ferdinand Marcos establecera a Lei Marcial. En 1978 foi apresado pola toma non violenta do consulado filipino en San Francisco.
É director executivo de Focus on the Global South (www.focusweb.org), profesor de socioloxía e administración pública na Universidade de Filipinas e colaborador en numerosos medios de prensa, publicacións de economía e institutos que estudan e se opoñen á globalización, como o prestixioso Transnational Institute, de Ámsterdam, no que comparte labores investigadoras con outros persoeiros altermundistas como Susan George. Os seus artigos publícanse en diversas revistas, como Review of international Political Economy, Third World Quarterly, Foreign Policy, Race and Class, Le Monde Diplomatique, Le Monde, Guardian, Boston Globe, Far Eastern Economic Review e La Jornada.
Actualmente, conta coa su propia columna en Philippine Daily Inquirer e Foreign Policy in Focus. Doutorado en socioloxía na Universidade de Princenton (EUA), en 2003 recibiu o Right Livelihood Award –premio Nobel alternativo– por “ser un dos principais críticos do actual modelo de globalización económica, combinando labores de intelectual e activista”.
Ten escritos máis de corenta de libros analizando modelos económicos alternativos. A súa crítica do milagre económico asiático (Dragons in Distress) foi escrita 6 anos antes do colapso financeiro que asolou a rexión.
Máis información:
Os acordos de Doha poñen en perigo ao sector servizos
Tudo o que você quer saber sobre a crise mas tem medo de não entender
Sobrevivirá o capitalismo ao cambio climático?
Como fabricar uma crise global
Os catro xinetes da globalización
O Foro Social Mundial na encrucillada
Milton Friedman e o Sur globalizado
Programa dos actos previstos o martes 26 de maio
18:00 horas: Encontro cos medios de comunicación
18:30 horas: Conversa de Walden Bello con movementos sociais galegos (aberto a todos os movementos). Estratexias dos movementos mundiais fronte á crise global.
20:00 horas: Conferencia: As alternativas á crise global dende a óptica do Sur.
Máis información na web do Foro Social Galego