Para poder ser beneficiario, deberanse cumprir os seguintes requisitos:
1.- Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2006.
2.- Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.
3.- Que a renda per cápita mensual da unidade familiar non supere 1.000 euros.
Así mesmo, terán preferencia as persoas con responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos que no curso 2008/2009 tiveran recoñecida esta axuda.
As solicitudes coa documentación requirida pola administración presentaranse no departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde teña o seu domicilio a/o solicitante. O prazo para presentar as solicitude será dun mes desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (18 de xuño de 2009).
Adxunto a esta nova podes descargar o arquivo do DOG coa orde da axuda.