Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 26/7/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Éxito de participación na homenaxe da CIG de Verín ás vítimas do réxime franquista na comarca

Centos de veciños/as asisten á proxección dun documental sobre a represión fascista e á festa popular posterior
A Unión Local da CIG de Verín organizou este venres 21 de xullo un acto ao aire libre en homenaxe ás vítimas do franquismo nas comarcas de Monterrei e Conso Frieiras. A cita foi na Praza da Mercede a partir das 21.30 horas e contou coa participación de numerosos veciños e veciñas, que asistiron á proxección dun documental sobre a represión fascista na zona e á festa popular posterior.

A parte central da homenaxe consistiu na proxección dun documental, realizado para esta celebración, no que se analizan os sucesos que aconteceron na vila de Verín hai 75 anos, entre o día 20 e 22 de xullo de 1936, relativos a conformación dunha milicia popular armada para a defensa da República e contra o golpe de estado.

Esta iniciativa daría lugar posteriormente á detención de ducias de persoas da comarca e á formación dun consello de guerra contra o alcalde, a corporación republicana da vila e sindicalistas e políticos que remataría co fusilamento dos representantes municipais do concello, en xuño de 1936 no cuartel de San Francisco de Ourense. Outros militantes antifascistas da vila foron condenados a penas de máis de 20 anos de reclusión.

 Tras a proxección do documental celebrouse unha festa popular en homenaxe a todos as persoas que foron reprimidas, fusiladas, encarceradas, escapadas, exiliadas e executadas polo terrorismo falanxista e franquista nas comarcas de Verín e Conso Frieiras.

cig.prensa@galizacig.com