Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 26/7/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Un auto xudicial decreta a liquidación da empresa editora do xornal A Nosa Terra

Os ex traballadores/as do semanario continúan á espera de cobrar as liquidacións e as mensualidades que aínda se lles adebedan
Promocións Culturais Galegas, empresa editora do xornal A Nosa Terra, vén de ser liquidada mediante un auto emitido polo Xulgado do Mercantil número de 3 de Pontevedra. A resolución xudicial pecha deste xeito a fase de convenios unha vez esgotado o prazo sen que se presentase ningunha proposta e deixa a compañía baixo a dirección da administración concursal. Os traballadores/as do histórico semanario nacionalista continúan á espera de cobrar as liquidacións e os salarios que aínda se lles adebedan.

O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra dá por pechado o período de convenios que se abriu o pasado 21 de xuño ao non terse presentado ningunha proposta no prazo de 40 días previo á celebración da xunta de acredores.

A resolución xudicial, contra a que cabe recurso, tamén deixa sen efecto as facultades de administración e disposición do concursado sobre o seu patrimonio, ao tempo que cesa os administradores da sociedade concursada para substituílos pola administración concursal e suspende a celebración da xunta de acredores.

Por outra banda, os 24 ex traballadores e traballadoras do histórico semanario nacionalista afectadas polos despedimentos continúan á espera de cobrar as liquidacións pactadas coa empresa (sete días por ano traballado), así como as mensualidades que aínda se lles adebedan (30 días do mes de outubro e sete de xullo).

cig.prensa@galizacig.com