Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 26/7/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG gaña as eleccións sindicais en EGATEL S.L.

Acada o 100% do Comité, formado por 5 delegados
Nas eleccións celebradas o 24 de Xullo (véspera do día da Patria) as traballadoras e traballadores de EGATEL decidiron depositar toda a súa confianza no sindicalismo nacionalista, e apoiar só unha candidatura da CIG nas primeiras eleccións sindicais que se celebran na empresa.

A Federación do Metal da CIG en Ourense amosa a súa satisfacción polo resultado acadado nas primeiras Eleccións Sindicais que se celebran nesta importante empresa do Parque Tecnolóxico de Galiza, especializada en investigación, desenvolvemento e fabricación de produtos e sistemas de  radio e de televisión, tanto en formato analóxico como dixital. Esta empresa ten un numero considerábel de traballadoras e traballadores no departamento de I+D.

As traballadoras e traballadores da empresa, antes de decidirse a apostar pola CIG, quixeron escoitar a outras centrais sindicais. Aínda así, dos 66 traballadoras e traballadores que conforman o 100% do cadro de persoal, participaron no proceso 54 (81,81%), e 49 (74,24%) apoiaron a candidatura da CIG.

cig.prensa@galizacig.com