marco
Compostela, 27/1/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A patronal de Telemarketing négase a actualizar os salarios

Alegan que o “IPC previsto” non existe
O Convenio dos Centros de Chamadas, antigamente Telemarketing, regula  unha suba salarial para o ano 2009 do IPC previsto máis un diferencial do 0,25%. Sorprendentemente a Comisión Paritaria non aprobou as novas táboas salariais debido á oposición da Patronal, que negou a existencia do “IPC previsto” nos orzamentos do Estado e ofertou unha suba do 0,5%.

Inicialmente as Seccións Sindicais da CIG nas empresas con implantación en Galiza solicitaron a aplicación da suba salarial pactada.

Ante a resposta negativa das empresas, que optaron por facer seguidismo da Patronal estatal, a CIG ten previsto celebrar unha reunión sectorial urxente para avaliar as medidas a tomar, sen desbotar ningún tipo de resposta sindical ante unha actuación patronal sen precedentes no sector.

Para o sector de Telemarketing da CIG é inadmisible que a patronal pretenda adiar a actualización salarial mediante subterfuxios legais, cando historicamente vén aplicando o IPC previsto sen ningún tipo de problemas.