Por mor da actitude mostrada pol empresam iniciouse, entón, unha campaña de denuncia onde se celebraron asembleas, concentracións diante dos centros de traballo, informouse aos clientes e rematando cunha convocatoria de folga para o 3 de novembro pasado. Esta folga foi un éxito total, afectando a todos os centros de traballo, paralizando ao 100% a actividade da empresa e demostrando a capacidade real da unidade de acción das traballadoras e traballadores.
Con posterioridade, e a iniciativa da CIG, mantívose unha xuntanza coa empresa na que logo de aclarar as lexitimidades de cada quen e as responsabilidades en chegar a esta situación sen moito acordo, ambas partes concluiron que era mellor entenderse e arranxar as cousas negociando.
Desta maneira, segundo indican dende a CIG de Compostela, “aclarouselles que a denuncia era un impedimento para negociar o resto de puntos (xornada, comisións, valor das horas extras,... ) e que a empresa debía retirala”. Pola súa parte, o Comité comprometeuse a que se se cumprían as promesas iniciarían unha etapa de distensión e nese sentido, non se convocou unha segunda folga prevista para o 24 de decembro, coincidindo coa folga provincial do comercio.
Nesta reunión a empresa tamén se comprometeu a implantar xornadas contínuas nos tres centros de traballo de Santiago (agás no da Rúa Espirito Santo) se se demostraba que era posíbel sen un gasto substancialmente maior en persoal.
A xornada continuada, no mes de marzo
Nunha reunión mantida coa nova Supervisora de Zona, xa neste mes de xaneiro presentáronselle unhas propostas de horarios para estes tres centros nos que co mesmo persoal, ou simplesmente subíndolles as horas a dous contratos parciais, se poderían realizar as xornadas contínuas.
Asimesmo acordouse tamén unha serie de puntos máis, fundamentalmente referidas ao centro de traballo de Monte Balado, como a compensación dos festivos traballados ou o arranxo da cristaleira que afecta ás caixeiras. Alí informouse aos representantes dos traballadores/as que era intención da empresa comezar no mes de marzo coa xornada do centro de traballo da Praza do Toural para logo ir implantando os outros dous.
“Esta é unha boa oportunidade para que a empresa demostre que ten a vontade real de abrir unha nova etapa na que se solucionen os problemas que vimos arrastrando desde hai anos e nun novo contexto no que as negociacións sexan normais e habituais”, sinalan dende a CIG de Compostela.