Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 27/10/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Traballadores/as da CRTVG concéntranse en San Marcos en defensa dos medios públicos

Demandan estabilidade laboral e garantías de futuro para unha TVG e Radio Galega públicas
Traballadores/as da CRTVG concentráronse na mañá deste mércores nas instalacións da compañía en San Marcos, convocados polo Comité Interempresas en defensa do futuro público da CRTVG e en demanda de estabilidade laboral. Desde o Comité anuncian que se convocarán paros puntuais e que xa se iniciou unha recollida de sinaturas neste sentido.

Estas concentracións manteranse nas vindeiras semanas diante da Dirección Xeral, mentres non se aclare a actual situación de incerteza xerada pola dirección da empresa ao non comprometerse coas reivindicación formuladas polos representantes do persoal: OPE de 220 prazas, imparcialidade dos tribunais nas probas de selección e  compromiso co mantemento das prazas das delegacións  territoriais da CRTVG.

 

Alén diso, desde o Comité Interempresas reclaman que na anunciada reforma da Compañía se teñan en conta as necesidades democráticas, sociais e culturais de Galiza e se preserve o pluralismo. 

cig.prensa@galizacig.com