Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 27/3/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG convoca manifestacións en todas as cidades e en numerosas vilas, na xornada de folga xeral

Até a hora das manifestacións, traballadores/as de todos os sectores, participarán nos piquetes, que visitarán os polígonos industriais e as zonas comerciais
A Confederación Intersindical Galega ten convocadas, na xornada de folga xeral, 14 manifestacións, que percorrerán as rúas de cidades e vilas de Galiza a partir das 11:45 da mañá. A manifestación central, á que asistirá o secretario xeral, Suso Seixo, será en Vigo, con saída ás 12:00 horas desde a Doblada.

Horarios das manifestacións:

Vigo: ás 12.00 horas dende o cruce da Doblada

Lugo: ás 12.30 horas dende o parque de FRIGSA

A Coruña: ás 12.00 horas dende a Praza de Vigo

Vilagarcía: ás 12.00 horas dende a Casa do Mar

Compostela: ás 12.30 horas dende a Praza Roxa

Ribeira: ás 11.45 horas na Praza do Peixe

Cee: ás 12.00 horas diante do Concello

Pontevedra: ás 12.00 horas dende a Praza da Ferrería

Foz: ás 19.00 horas na Casa do Concello

Ferrol: ás 13.00 horas dende a Avenida de Esteiro (local da CIG)

Xinzo de Limia: ás 11.30 horas na Praza do Concello

Ourense: ás 12.00 horas desde o pavillón dos Remedios

Verín: ás 11:30 horas na Praza do Concello

Silleda: Ás 12:00 horas, da Praza da Igrexa

cig.prensa@galizacig.com