Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 27/4/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG de Ourense reclama cunha protesta máis prevención na loita contra os incendios forestais

A concentración celebrouse diante da Casa de Chocolate este venres, Día Internacional da Saúde Laboral
A CIG aproveitou este venres a celebración do día Internacional da Saúde e Seguridade no Traballo para denunciar, unha vez máis,a falla de actividade preventiva entre o persoal que participa na loita contra os incendios forestais. Diante disto, o sector de Autonómica de federación de Administración da central nacionalista convocaou unha protesta en Ourense, que se desenvolveu diante da Casa de Chocolate este venres 27 de abril de 11.00 a 12.00 horas.

Segundo a Lei de Prevención e Riscos Laborais a empresa é responsábel da seguridade das súas traballadoras e traballadores. A actividade da extinción de incendios forestais é un servizo público no que a Xunta de Galiza ten a dirección da actividade, polo que ten a obriga de velar pola seguridade das súas traballadoras/es.

Por desgraza, tal e como indican dende a CIG, o Goberno galego declina esta responsabilidade e non se fai cargo dela “xa que a avaliación de riscos fíxose por unha denuncia desta central e, a día de hoxe, falta a aplicación dun plano preventivo para minimizar os riscos e a aplicación de protocolos de actuación”.

Neste senso, critican tamén que se estea a poñer en perigo a vida e a saúde dos traballadores/as co agravante da rebaixa escandalosa da calidade dos equipos de protección individual e o material de traballo que se lle está a repartir ao cadro de persoal do SPDCIF. “A isto hai que sumarlle a nula cobertura de baixas e xubilacións, o que provoca que as cuadrillas do persoal de extinción se vexan reducidas no número de efectivos, o que acaba poñendo en perigo a traballadores e traballadoras”.

Dende a central nacionalista adiantan que están a estudar a posibilidade de trasladarlle á Fiscalía toda esta información.

cig.prensa@galizacig.com