Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 27/4/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Mariña, A Coruña e Lugo homenaxean aos afiliados e afiliadas que levan 25 ou máis anos na CIG

Os actos, que se realizarán por todas as comarcas, enmárcanse dentro da campaña con motivo do Primeiro de Maio
A CIG da Mariña, A Coruña e Lugo foron as primeiras comarcas que acolleron os actos-homenaxe que a Confederación Intersindical Galega vai facer ao longo dos próximos días en recoñecemento aos afiliados e afiliadas que levan 25 ou máis anos na central sindical.

Con este acto, enmarcado dentro da campaña do Primeiro de Maio, a CIG que subliñar o compromiso destes compañeiros e compañeiras; un compromiso fundamental para que, ao longo deste anos a Confederación se puidera consolidar como central sindical representativa cunha importante implantación en todo o país e en todos os sectores produtivos, acadando o amplo respaldo social que hoxe ten.

Nos distintos actos, alén de facer o recoñecemento individual que simbolicamente se materializa cun obsequio, a CIG pretende transmitir a mensaxe de que o que hoxe representa é froito do esforzo colectivo de moitas persoas, especialmente de todas aquelas que levan tantos anos de compromiso co proxecto sindical.

Durante estes actos proxectarase un vídeo recordatorio das folgas xerais celebradas en Galiza nos últimos 30 anos, haberá intervencións dos secretarios comarcais e algunha actuación musical ou lectura de poemas.

No caso da Mariña, ademais, a homenaxe, celebrada o mércores 25 de abril, coincidiu coa clausura dunha xornada sobre a “actuación dos delegados/as de prevención” que a CIG celebrou no mesmo lugar e na que participaron delegados e delegadas da central nacionalista na comarca.

Esta mesma tarde corresponderá a quenda aos afiliados e afiliadas na CIG de Ferrol.

Os próximos actos terán lugar en:

Ferrol: 27 de abril, ás 18:00 horas, no salón de actos da Universidade.

Ourense: 28 de abril, ás 11:00 horas, na Casa Sindical.

Vigo: 28 de abril, ás 11:30 horas, no Auditorio de Novacaixa Galiza

Compostela: 1 de maio, no decurso do xantar, na Carballeira de San Lourenzo, no Campus Sur.

Pontevedra: 3 de maio, ás 20:00 horas, no salón de actos do Pazo da Cultura.

cig.prensa@galizacig.com